Unha das peculiaridades seculares coa que o campesiñado galego conviviu ao longo da súa historia, ate principios do pasado século, é o contrato foral.
Trátase dun sistema contractual de arrendamento da terra que principia a súa andaina a mediados do século XII e que será abolido no 1926. O foro é unha entidade peculiar galaica, aínda que tamén atopámos en áreas da provincia de Girona un réxime moi semellante ao galego,
O foro nace na Idade Media, é un tipo de contrato de arrendamento da terra enfiteutico, é dicir, o dono directo ( concedente) da parcela cede o dominio útil ao arrendatario (concesionario) que está obrigado a pagar unha renda anual que xa ven estipulada no intre no que se negocia e firma o contrato. Tando un coma outro están suxeitos a unha serie de obrigas ineludibles. O concedente debe ceder o ben; percibir unha renda por dito arrendamento; recuperar a parcela de terra unha vez finalizado o contrato e percibir o laudemio; isto é, se o concesionario vende os seus dereitos sobre a propiedade arrendada ten que pagar unha porcentaxe estipulada por este traspaso.
Sigue leyendo →