Etiquetas
Agrarismo, Basilio Álvarez, Galicia, labrego, Lérez, Solidaridad Gallega
O movemento agrarista resultou ser un fenómeno que veu nacer e desenrolarse en Galicia entre finais do século XIX e primeiros do XX. De claras connotacións sociais e políticas, non foi ningunha casualidade que tanto o Agrarismo coma o Nacionalismo galego camiñasen xuntos nalgunhas das súas reivindicacións; ademais ámbolos dous souberon chegar a sectores da Galicia rural onde o inmovilismo social e a tradicional linguaxe de explotador e explotado estaban á orde do día.
Denantes entrar a ver en que consisitían as reivindicacións e modos de acción do Agrarismo cabería apresentar as causas que conduciron a boa parte do campesiñado galego a organizarse en sindicatos agrarios e para iso debemos retrotaernos ás derradeiras décadas do século XIX.