Etiquetas

, , , , ,

O movemento agrarista resultou ser un fenómeno que veu nacer e desenrolarse en Galicia entre finais do século XIX e primeiros do XX. De claras connotacións sociais e políticas, non foi ningunha casualidade que tanto o Agrarismo coma o Nacionalismo galego camiñasen xuntos nalgunhas das súas reivindicacións; ademais ámbolos dous souberon chegar a sectores da Galicia rural onde o inmovilismo social e a tradicional linguaxe de explotador e explotado estaban á orde do día.

Denantes entrar a ver en que consisitían as reivindicacións e modos de acción do Agrarismo cabería apresentar as causas que conduciron a boa parte do campesiñado galego a organizarse en sindicatos agrarios e para iso debemos retrotaernos ás derradeiras décadas do século XIX.

Un dos principais detonantes da situación que se vai instalar na Galicia témolo que buscar nas crises agrícolas de 1873 e 1896 que afectaron principalmente a Europa en boa medida causados pola internacionalización dos mercados agrarios que coa puxanza consecuente á paulatina mecanización das labouras do campo e a revolución nos transportes. Agora grazas ao ferrocaril e aos barcos de vapor pódense cubrir maiores distancias invertindo menos tempo ademais de poder preservar os alimentos exportados nestas viaxes refrixerados ou enlatados.

Son as recentemente independentes colonias americanas as que se sitúan á cabeza e marcan o ritmo das exportacións arrebatando todo protagonismoá vella Europa. Aproveitan as grandes extensións de terra baldía para roturalas pero sobretodo para a cría de gando cuia carne vai invadir os portos europeos. As antigas metrópoles non quedan de brazos cruzados dando comezo a lexislar unha serie de leis arancelarias que poidan salvagardar a propia producción e entorpecer o alude americano.

Así España pretendeu coas novas medidas protexer aquelas rexións onde o cultivo de millo miúdo era predominante, noutras onde a vide, pataca ou o millo son os protagonistas (caso de Galicia) vense na obriga de reconvertírese; deste xeito Galicia atopa coma única saída a exportación de carne de vacuno cara o mercado inglés e cara a Meseta Central da península Ibérica. Axiña esta reconversión vaise quedar en papel mollado, o tratado comercial asinado entre España e Urugai trouxo consecuencias farto negativas para o agro galego polo cal garantese unha maior preponderancia á carne americana.

Por outra banda e xa centrándonos nos atrancos propios e seculares do agro galego cabe destacar a pervivencia dunha fidalguía rural que continúa a moverse nos parámetros tradicionais do sistema foral sobrevivindo a base do arrendamento da terra e da pervivencia de modos e privilexios de lembranza feudal. Pola cabeza non se lles pasa siquera a posibilidade de introducir melloras ou modificacións nos sistemas de explotación da terra. Moitos non souberon amoldarse aos novos tempos e se precipitaron á absoluta ruina.

Este foi o caldo de cultivo que propiciu o nacemento do Agrarismo. Pontevedra erixiuse coma a precursora fundándose en Lérez a primeira sociedade agraria, e que dseguida convertirase na vangarda do movimento coa proliferación de grupos organizados a súa semellanza. A súa traxectoria vai ser moi desigual fronte a temporadas de grandes mobilizacións pásase a outras moimlongas onde a inactividade destes grupos é patente. Explícase este fenómeno debido a que os grupos organizados son escasos e normalmente non perduran no tempo xa que en moitas ocasións representaban os intereses particulares dalgún persoeiro da bisbarra.

Sociedade Agraria "La Honradez" funadad en 1921 en O Grove (Pontevedra) (http://www.ogrovedixital.com/fotos-pueblo-gentes.html)

Sociedade Agraria “La Honradez” funadad en 1921 en O Grove (Pontevedra) (http://www.ogrovedixital.com/fotos-pueblo-gentes.html)

Para a fundación dunha sociedade agraria o primeiro ponto, se cabe o máis difícil, é concienciar da súa necesidade dos veciños da parroquia de que é fundamental para a defensa dos seus intereses colectivos a formación da sociedade. Éstres vense ameazados e só o conxunto da comunidade aunda é o que dota de forza a estas agrupacións. Logo de elaborar uns estatutos e elexir á directiva ponse en marcha a sociedade. En moitas bisbarras ou parroquias mesmo podían convivir dúas ou máis Sociedades Agrarias sen que entre elas existira conflicto algún a pesares do sesgo político e ideolóxico que puideran caracterizalas.

Nos momentos de maior auxe e actividade das Sociedades éstas adoitan a levar a cabo accións contra persoas ou institucións que constituen unha lacra ou ameaza para os intereses defendidos; as máis habituais destas accións son os boicots ou sabotaxes. Teñen dous tipos de vertentes diferenciadas:

Por unha banda temos aquelas actuacións contra os paisanos que se negaban a engrosar as súas ringleiras; ben mediante agresións físicas ou asignarlles unha elevada cuota de ingreso se rexeitaran integrarse dende o principio ma agrupación. Otra das modalidades consiste no destrozo dos bens mobles e mesmo inmobles dos contrarios ou de caciques que se opoñen a eles.

A emigración resultou fundamental para financiar este movimento e será logo da Grande Guerra cando o fluxo monetario dos emigrados vai ir medrando; sobretodo da man dos indianos que fixeran as américas polo que non resulta estrano atoparse con eles á fronte das sociedades.

Mais se hai que salientar a participación fundamental no despegue e difusión das ideas agraristas non debemso esquecernos da figura do crego Basilio Álvarez. Os seus enaltecidos mitins por toda a xeografía galega na defensa dos labregos conseguiu que moitos destes paisanos se mobilizasen e abordaran cuantiosas accións.

A primeiros do século XX os incipientes grupos de agraristas van ir esmorecendo, mesmo algunhas sociedads desaparecerán da vida galega tales coma Unión Campesina e Solidaridad Gallega. No 1911 na coñecida comoa III Asamblea de Monforte e o crego Álvarez será quen de facer rexurdir novamente e con novos pulos ao Agrarismo. Alí apresenta a psoibilidade da creación dun partido agrarista idea que non calla entre os congregados; máis un a o máis tarde en Ourense será quen de fundar xunto con outros compñaeiros o Manifiesto de la Liga de Acción Gallega. Debullase claramente o camiño que debe seguirse: Antiaforismo, anticaciquismo, rexionalismo, tomar a vía electoral e a converxencia de factores técnico-económicos que poidan aportar melloras sutanciais nos modos de cultivo así coma a introducción da mecanización no agro galego.

Froito das mobilizacións levadas a cabo será o decreto pola cal o Foro é abolido en 1926[1] así coma tamén poder dotar ao campesiñado dun medio de defensa contra o abuso dos caciques.

A importancia das Sociedades Agrarias no rural galego foise percibindo paseniñamente dentro das economías locais, a organización do campesiñado delata ata que punto estaban dispostos a loitar para que as súa voz fose escoitada polo goberno do Estado, reivindicando o que crían xusto para foxer da pobreza case que end´mica que o agro galega viña sufrindo.

[1] Para máis información sobre o sistema foral galego pódese consultar tamén: https://elgajedeloficio.wordpress.com/2014/10/24/o-sistema-foral-galego/

Sergio Balchada

Anuncios