Etiquetas

, ,

O século XIV é o século das calamidades. Un século de crise agraria que provoca unha terrible fame que aber as portas á grande epidemia de peste que vai asolar Europa enteira. A guerra, tamén presente na meirande parte do territorio europeo da que Galicia tampouco puido afastarse. De feito vai participar activamente nos conflitos internos da coroa de Castela e o seu territorio vai ser escenario dalgunhas das accións bélicas do mesmo.

Campesiños traballando no campo (Fotografía de https://www.uv.es)

A expansión demográfica e económica de séculos anteriores foi salientable ata finais do XIII cabndo se comeza a apreciar certa recesión. Có troco de centuria esta recesión irá agravándose. Isto débese en grande medida ao estancamento da agricultura. Nesta tesitura é cando fai aparición a fame. Son tres as razóns principais da crise: Unha de índole económica, outra de índole social e a omnipresente guerra.
A primeira e debida precisamente á bonanza agrícola orecedente. Esta situación da pe a un espectacular crecemento demográfico que nos tempos que corren supón un lastre. Agora có súpeto parón das roturacións de terras “salvaxes” a producción agraria non aporta suficientes alimentos para todos. Debemos engadir a isto a varios anos de calamidades climatolóxicas que estragan as colleitas e castigan aos desfavorecidos:
…fue muy grant mortandad en los ganados, e otrosí la simiença muy tardia por el muy fuerte temporal que ha fecho de muy grandes nieves e de grandes yelos (VV. AA, 1981).

O enorme desequilibrio social que se produce como consecuencia destes malos anos no agro da paso á segunda das razóns da crise do século XIV. As clases dominantes adoptan un posicionamento á defensiva para non ver mermadas as súas prerrogativas de clase: Aumento das cargas fiscais e rendas percibidas. Algúns nobres laicos, sobretodo da baixa nobreza, con apenas terras coas que se manter botan man doutros medios máis violentos para manter o seu nivel de vida ou mesmo subsistir. Un exemplo a todo isto atopámolo na cantidade de queixas recibidas na corte de Alfonso XI de parte de mosteiros e prelados sobre atropelos e violencias pola parte de ricoshombres e meiriños galegos.

Pero como as desgrazas nunca chegan soas vai facer aparición nas costas galegas á peste negra ou bubónica. Vai ser en 1348 e no bispado de Tui onde se detectan os primeiros brotes da epidemia. A poucos a enfermidade consegue espallarse cara o interior de Galicia ao través das vías de comunicación de maior tránsito. A mortalidade vai a dispararse, calcúlase que en Europa puido falecer pouco máis dun terzo da súa poboación. A consecuencia inmedita é a escaseza de man de obra que traballe os campos dos señores. Compre reorganizar as explotacións agrícolas ou gañarse o pan de xeito expeditivo. O fluxo de xentes do campo cara as cidades convértese nalgo cotiá.

Mapa da expansiónpor europea da peste negra (Fotografía de National Geographic en https://elretohistorico.com)

A terceira das razóns que vimos explicando é a guerra. De entre os conflictos habidos na coroa de Castela debemos salientar a guerra civil (1365-1369) entre Pedro I e o pretendente ao trono Henrique de Trastamara. Galicia acepta un protagonismo activo na contenda, a alta nobreza galega e os Concellos das cidades posiciónanse ao carón de Pedro I. Unha inxente masa de cabaleiros e pequenos nobres aproveitan a coiuntura para ascender no escalafón social apoiando a causa do bastardo. O triunfo dos trastamaristas complica moito as espectativas económicas da burguesía comercial e do artesanado urbán. Como continuación deste conflito a guerra con Portugal e a desastrosa expedición de Xoan de Gante duque de Lancaster que traen novas destruccións e fame para a poboación galega.

Mais esta inestabilidade social instálase tamén no seo do estamento nobiliar, ás mesmas bases que cimentan a sñua propia existencia: A propiedade da terra. Asistimos dende finais do século XIII a un troco nos modelos de traspasdo dos bens patrimoniais coa única idea de reforzar o mesmo e evitar por tódolos medios a fuxida de rendas e posesións en casamentos e na súa división entre os fillos chegada a morte da cabeza da liñaxe. O maorazgo convírtese nunha verdadeira institución. É o paso da cognación á agnación.

A transmisión do patrimonio é a base fundamental da continuidade da familia. O xerme de sucesión patrimonial altomedieval é o xermánico. Os seus códigos e dereitos que o regulamentan son iguais para todolos herdeiros en tódalas capas sociais. Para que isto suceda é primordial que os bens patrimoniais sexan estables e sólidos, no caso contrario é habitual a venda entre os herdeiros das partes que lles corresponde a un deles. Segundo a lexislación xermánica o patrimonio constitúese polo conxunto de bens inmobles. Enténdese a existencia de dúas clases de patrimonio, a saber:

  • Núcleo básico de terras inalienables. Aquelas que baixo ningún concepto poden sair da familia. Adoitan ser as máis emblemáticas, o solar da liñaxe ou as de maior valor material.
  • Terras, Bens, Rendas e Dereitos. Os acumulados pola famila ao longo da súa existencia.

Ata estas datas e o principio cognaticio o que regulamentan as relacións dentro da familia. Este principio obriga a que a repartición da herdanza prime de xeito equitativo a cada un dos fillos habidos no matrimonio, sen ter en conta o sexo ou a idade. Trátase dunha época na que aínda non se ten conciencia de liñaxe, onde o apelido non representa ese símbolo identificador da familia.

A transmisión do patrimonio faise do seguinte xeito: Concéntranse os bens propios do esposo, os bens propios da esposa e os bens gañanciais. As catro quintas partes pasa ás mans dos fillos, unha quinta parte queda á disposición dos pais. Nornmalmente esta parte transmítese a unha institución eclesiástica ou para dotar mellor a algún dos fillos. Ademais a repartición da herdanza é acordada polos herdeiros sen que poidan intervir os seus proxenitores.

Mais cabe sinalar que este principio crea certa inestabilidades económica entre os beneficiarios da cognación. Rompe paseniñamente o patrimonio familiar, desmembra a súa base económica e vóltase fráxil.
As tornas comezan a trocar a finais do XIII. Fronte a igualdade entre os vástagos no tocante á herdanza, a prevalización da liña materna á hora da transmisión dos bens e a inexistencia dun concepto de apelido que os aglutine arredor dun escudo ou solar primixénio; vai xurdir un novo modelo que xa se ven impoñendo noutros territorios europeos dende hai un tempo: O principio Agnaticio. Agora vai prevalecer a liña paterna á hora da sucesións dos bens e instaurase a primoxenitura. Isto é, primar ao primoxénito varón en detrimento do resto dos irmáns. Polo tanto será quen herde tanto títulos coma terras.

O principio agnaticio está estreitamebnte vinculado ao apelido, a un solar, á idea da liñaxe e a un primoxénito varón sobre o que recae a defensa de todos estes conceptos. O testamento de Pedro Arias de Aldao no 1347 é un claro exemplo deste principio:
Quero e hea miña vontade que toda a miña fazenda quedejunta, porque sempre aja memoria das miñas casa e da miña gente fidalga que deles ben (Pallares-Portela, 1995).

Fortaleza de San Paio de Narla, Friol (Lugo). Esta fortaleza pertenceu á liñaxe dos Seixas.

O primoxénito varón é polo tanto o descendente privilexiado na sucesión. Recibe o Maorazgo. Está obrigado a manter o prestixio do apelido e a gañar maior gloria para éste conseguindo grandes fazañas guerreiras ou adquirindo maior patrimonio que engorde o propio. As mulleres e os segundóns aparecen como os máis perxudicados. Relegados a un segundo plano teñen por diante un futuro sombrío e de incertidume.
A pesares da súa tardía instauración en Galicia o principio de agnación axiña atopa un oco no estamento nobiliar dando a entrada en escea das liñaxes que van tentar protagonizar a vida galega da Baixa Idade Media.

Bibliografía 

  • Andrade Cernadas, J.M; Pérez Rodríguez, GJ., Galicia Medieval, Tomo III, A Coruña, 1995.
  • Pallares, Mª Carmen; Portela Silva, E., Algunos problemas relativos a la evolución de las estructuras familiares en la nobleza medieval gallega, en «Parentesco, familia y matrimonio en la Historia de Galicia», Santiago de Compostela, 1988.
  • Pallares Mendez, Mª Carmen; Portela Silva, E., Los mozos nobles. Grandes hombres si fueran hijos solos, en Revista D´Historia Medieval, Universitat de Valnecia, 1995.
  • Portela Silva, E; Pallares Mendez, Mª Carmen, Elementos para el análisis de la aristocracia altomedieval de Galicia: Parentesco y matrimonio, en Museo de Pontevedra, Tomo XLIII, Pontevedra, 1989.
  • V.V. A.A., Historia de Galicia, Madrid, 1981.

 

Sergio Balchada