Etiquetas

, ,

Vive nunha casa no cruzamento da Eiriña e da estrada que leva cara Ourense, en Pontevedra. Nado en 1927 en Tui (Pontevedra), anque sendo ben cativo a familia trasládase á capital da provincia.
O 20 de xullo de 1936 Cándido mata o tempo debruzado na fiestra sen nada que facer observando aos transeúntes que disfrutan da calor estival nas rúas da Boa vila. De súpeto uns berros que proceden da rúa chaman pola súa curiosidade. Aos poucos unha grea de homes empuñando paus e todo tipo de apeiros baixan pola travesía da Eiriña.
As sorpresas non chegan soas e para abraio do noso cativo entra en escea:

… una patrulla de la Guardia Civil, puso una ametralladora en el suelo y empezó pa, pa, pa, pa con la ametralladora. Pero claro no le tiraba a los obreros porque los mataba a todos. Y empezó a disparar la ametralladora aquella y escaparon todos. Porque los obreros, ¿Qué hacían con palos, guadañas y …? ¿Querían enfrentarse a la Guardia Civil con esas armas?.


A pesares de que os militares non tiñan declarado o estado de guerra na vila, cousa que farán en poucas horas, o capitán Bernal da Garda Civil sae a rúa para tentar frear ás partidas precariamente armadas de paisanos que conflúen na capital procedentes da bisbarra (Álvarez Castro, 2013).

A Eiriña a finais do XIX (fotografía en http://vellapontevedra.blogspot.com)

A xornada vai rematar coa vila baixo o control dos golpistas. Deseguida darán comezo detencións e paseos que van prender có medo nos peitos dos pontevedreses. Cándido é totalmente consciente da atmósfera de terror que se vive entre a poboación.
Aquella era una vida que…Había, había temor, había pánico…Y yo recuerdo una vez, fíjate que pánico podría haber en todo el entorno de aquella vida. Un día iba yo al colegio, me parece o no se para donde iba. Y me llamó un Guardia de Asalto (…) y yo creía que era para prenderme y meé por mí. Fíjate que pánico había. Es que lo que hubo de aquella no se puede ni contar…

De feito sufriu a represión na súa propia familia. Á súa irmá Maruja rapáronlle a cero o cabelo porque segundo nos conta Cándido as forzas da orde sospeitan que é de ideoloxía comunista. Se esta é a verdadeira razón ou se existiu algún outro feito para que a moza sufrise a humillación descrita é un punto que non puidemos aclarar.
Cándido prosegue o relato do acontecido a súa irmá.

Y mi hermana no sabían que castigo le iban a dar “Y bueno le cortamos el pelo” y quedó así la cosa porque tenía un amigo en los cívicos. Tenía un amigo allí “No, a esta la conozco yo”.
Pues el nombre no lo se (do cívico que mediou en prol de Maruja). Eran cívicos, era un Cuerpo como si fuese la Guardia Civil. Estaban donde está hoy el Campo de la Feria, por Barcelos. Tenían el cuartel allí en Barcelos .

Trátase a Guardia Cívica dunha organización paramilitar creada para exercer labores de orde público nas poboacións de retagarda. A Guardia Cívica na Boa Vila deu os seus primeiros pasos da man do comandante da Garda Civil Joaquín Velarde. Axiña o grupo paramilitar vai gañar merecida negra fama debido as súas andainas nocturnas salpimentadas de xenerosas doses de brutalidade. Vai destacar nestas prácticas o coñecido médico local Víctor Lis Quibén (ao que adicaremos nun futuro un artigo propio).

Guardia Cívica de Pontevedra (Arquivo Xosé Álvarez. tomada de http://www.publico.es)

Cándido evidentemente tamén coñece da figura do líder dos cívicos:
El que los mandaba era un hueso. Era Víctor Lis. Y Víctor Lis era un hueso eh!. Todo el mundo lo decía, que era muy malo. (…). Don Víctor Lis a mi nunca me hizo daño. Se oían cosas…(…). Iban a buscar a mucha gente, si. Iban a buscarlos porque desconfiaban que eran contrarios, que eran comunistas. Los iban a buscar ese Víctor Lis, hablaban muy mal de él. Que era malo.

A maquinaria represiva tivo varias faces. Xunto ás execucións e castigos paralegais púxéronse en marcha unha serie de xuizos, cabería mellor definilos coma parodias de xuizo, carentes de garantía algunha para o acusado que de antemán xa tiña dicatada a condea. Os que tiñan a desgraza de seren condeados á pena capital eran conducidos preto de Monteporreiro para perecer fronte ao piquete de fusilamento.
O noso pequeno protagonista foi testemuña en certo modo destas execucións. Deixemos que no lo conte el mesmo:

Cuando salía del colegio allí en esa travesía (Eiriña) había dos campos de fútbol, delante del hospital, un poquito más para allá pero no eran campos de fútbol hechos. Eran campos de naturaleza y de niños jugábamos allí. Y entonces yo me escondía. Allí había muchas piedras (…). Piedras de toneladas de peso y fue cuando hicieron el cuartel de la Guardia Civil.
¿Sabes a que iba? A mirar pasar a los fusilados. Yo me ponía detrás de las piedras y veía pasar las camionetas (…). En camionetas abiertas ponían banquillos en la camioneta y después los que llevaban a fusilar y los que traían después de vuelta…(…).
Y los llevaban los guardia civiles (…). Y recuerdolas manos de los fusilados, recuerdo que hacían así (tremen) con el traqueteo, porque eran carreteras malas un poco cuesta para abajo y claro los coches hacían bum bum bum y las manos hacían así. Me fijaba en eso. (…) los llevaban a Monteporreiro. Pasaron muchos años y allí había un paredón que tenía que tener las señales de los tiros.

Cándido volta a facer fincapé no ambiente de medo que frotaba sobre Pontevedra. E racha a falar doutra anécdota acontecida cun Garda de Asalto. Un serán Cándido atópase cunha chea de cativos máis ás portas do cine para acceder á sesión das 15 horas. O rebumbio debe ser extraordinario e o axente do Cuerpo de Asalto que atende a cola dos meniños está a piques de perder os nervios:

…y entonces cogió el fusil (…) y pegó contra el suelo y se disparó y pegó el tiro en el techo (Cándido sorrí). Nosotros claro, asustados. El guardia estaba enfadado y como no podía hacer nada con nosotros pegó así de enfadado. Todos calladitos.

Gardas de Asalto (fotografia en http://www.lasegundaguerra.com)

Lembra o seu paso por Falange como Flecha por medio dun coñecido da familia apelidado Queizán e que debía pertencer ao mentado partido. Uniformes, desfiles, bandeiras e saúdos. Mesmo participou xunta os seus camaradas no desfile da victoria organizado polo novo Réxime en Madrid.
Debulla algunha lembranza polo seu paso por comedores de Auxilio Social nunha época onde a fame asomouse aos fogares da veciñanza. Insiste novamente no medo preso nos corazóns, nos excesos violentos…
Las cosas malas siempre quedan en la cabeza. Siempre quedan en la cabeza, no se porque. Una cosa buena se olvida.
Sentenza Cándido para rematar o seu relato.

Fontes

  • Álvarez Castro, Xosé, Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939), Vigo, 2013.
  • Amoedo López, Gonzalo, A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra, Vigo, 2010.
  • Cocho, Federico, Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, Vigo, 2011.
  • Velasco Souto, Carlos F., 1936. Represión e alzamento militar en Galiza, Vigo, 2006.
  • Guardia Cívica de Pontevedra I, II e II no blogue: Pontevedra nos anos do Medo (https://anosdomedo.blogspot.com).
  • Entrevista realizada a Cándido Martínez Blanco o 29/06/2018.

 

Sergio Balchada

Anuncios