Este sábado día 16 en Trintxerpe  ás 12 hrs falaremos da formación do batallón CNT N°1 Bakunin. Formado na súa meirande parte por anarquistas oriundos da Galiza. Precisamente no berce da emigración galega en Euskadi, na denominada coma quinta provincia galega saíron, en xullo de 1936, milicianos galegos a defender a provincia na contra dos militares e civís sublevados. Moitas deses milicianos formarán parte máis adiante do primeiro dos batallóns auspiciados pola CNT. 

Este sábado desgranaremos o periplo destes mozos ao longo da Fronte Norte. As súas luces e tamén as súas sombras. Non volo perdades amigos.

Anuncios