Etiquetas

, , ,

A Felipe de Anjou saiulle caro apousentar o seu real corpo no trono español. Logo de combater aos que se opoñían a súa coroación na que foi coñecida como a Guerra de Sucesión (1701-1714) tivo que tragar coas condicións importas nos tratados de Utrech (1713) e Rastadt (1714), que á postre darían fin á devandita guerra. Nalgunhas destas clausulas España perdería a soberanía de Xibraltar e Menorca cedendolla á Gran Bretaña, así coma tamén as posesións europeas que a coroa mantiña. Estas medidas traerán consigo para o reino a rebaixa de status de potencia europea a mera actor secundario, asunto este que interesaba grandemente aos seus adversarios.

O segundo matrimonio dos primeiro dos Borbóns reinante en España con Isabel de Farnesio precisamente no 1714, trae tamén consigo un troco na política exterior da coroa. Natural de Parma, alí exerce de diplomático do Duque de Parma o relixioso Giulio Alberoni quen é o artífice das negociacións que propician este enlace. Coa flamante nova raíña chega no seu séquito Alberoni e deseguida co apoio da de Farnesio e a privanza coa que o agasalla o monarca tradúcese nunha epectacular escalada cara aos títulos máis prominentes do reino.

Cardenal Giulio Alberoni (Fotografía tomada en https://es.wikipedia.org)

Cardenal Giulio Alberoni (Fotografía tomada en https://es.wikipedia.org)

A influencia de Alberoni acada unha importancia vital para a persoa de Felipe V, logra convencer ao rei para que obvie as clausulas redactadas nos tratados firmados en 1713 e 1714 e alcance España novamente a gloria da que viña disfrutando ata esas datas en Europa. As hostilidades que van ter lugar nos seguintes anos son coñecidas como a Guerra Alberoni.

Unha das iniciativas do relixioso é a invasión de Inglaterra. Para iso auspicia unha alianza entre España e o pretendente católico ao trono británico Xacobe III Estuardo o cal dispoñía de interesantes apoios en Escocia. Mentres un contixente de pouco máis de 300 infantes de mariña, o Rexemento de Infantería Galicia, ao mando do coronel Pedro de Castro Bolaño zarpa de Pasaia (Gipuzkoa) coa idea de desembarcar en Escocia e logo de armar ás milicias xacobitas avanzar todos xuntos cara ao sur; onde desembarcaría pouco tempo despois unha potente frota de 27 navíos procedente de Cádiz.

O plan non saiu coma cabería agardar. Á altura de Fisterra unha treboada deu ao traste coa flamante armada. Illado en Escocia o rexemento Galicia e con apenas apoio por parte dos xacobitas, os homes de Pedro castro Bolaño son vencidos na batalla de Glenshiel (10/06/1719).

Obviamente a audacia despregada por Felipe V molesta sobremaneira a Jorge I, rei da Gran Bretaña; non dubida en artellar unha operación de castigo co obxecto de vingar a afrenta.

Elixese Galicia para executar a razzia. Así o 10 de outubro dese mesmo ano una escuadra inglesa fai aparición na bahía de Vigo. Comandaa o almirante James Mighells mentres o xeneral Cobham está ao mando dos 4000 infantes que perpetraran os feitos que imos relatar a continuación. Vigo está defendida por apenas 800 homes dos que tan so a metade son soldados profesionais, a outra metade son paisanos en servicio de milicia. A poboación é sometida a asedio ao tempo que é bombardeada; as aldeas e pequenas vilas da bisbarra non escapan á implacable vinganza británica e son saqueadas sen contemplacións. O día 12 o brigadier Homewood entra na ciddae e a ocupa á excepción do forte do Castro onde resisten os defensores da vila. O 21 o forte capitula e é entregado ao inimigo, a pesares de que dispensan un trato exquisito aos militares rendidos, que mesmo se lles permite abandoar a praza; a poboación civil non recibe igual trato e moitos fogares sufren saqueos e seus habitantes quedan á mercede dos soldados estranxeiros.

O brigadier Homewood recibe ordes de marchar cara Pontevedra e tomala, para cumprilas avanza por terra cun continxente de 1,500 infantes de mariña. Durante o traxecto van atopando todalas pontes voadas. Os responsables son membros das milicias do país as cuais tamén se adican a hostigar severamente ao continxente de Homewood. Mentres isto sucede desembarcan en Ulló (Vilaboa, Pontevedra) 1000 infantes máis liderados polo xeneral Wade, o lugar onde se produce este desembarco dista apenas 10 quilómetros de Pontevedra.

Dibujo de Pontevedra, realizado por Pier María Baldi en 1669 (Fotografía tomada de http://elcofredelmarinero.blogspot.com.es)

Dibujo de Pontevedra, realizado por Pier María Baldi en 1669 (Fotografía tomada dehttp://elcofredelmarinero.blogspot.com.es)

A Boa vila está mal defendida. Antes da chegada dos ingleses 2000 infantes son trasladados a Pamplona que está sendo atacada por tropas francesas; agora o marqués de Parga, xefe militar da praza, conta 10 compañías de infantería e veciños da vila escasamente armados. Do que si dispón é dun bo número de pezas artilleíras. A desmoralización corre como a pólvora pola vila, o marqués de Parga respira aliviado recibe unha orde urxente do Capitán Xeneral de Galicia Guillermo de Melun marqués de Risbourg pola que o insta destrua os canóns e abandoe Pontevedra con urxencia e se dirixa a Santiago de Compostela.

Na cidade do apóstolo permañece atrincheirado o antedito marqués de Risbourg con 6000 homes que considera incapaces de ter éxito nun enfrontamento cós invasores, opta polo tanto por quedarse e defendela sen sequera albiscar que a incursión non é nada mais que de castigo e non de ocupación deixando a zona da costa atacada á súa sorte.

O 26 os ingleses penetran en Pontevedra sen oposición e fanse donos da Boa Vila. A súa estancia prolóngase durante quince días. O marqués de Risbourg insta ao xeneral Wade a que abandode a cidade mais éste imponlle a condición da entrega de 5000 doblóns para devolvela intacta. O marqués négase en redondo. A decisións vai condear á cidade a ser víctima da rapacidade dos británicos.

Infantería de marina inglesa. Fines del XVIII. (Fotografía tomada de http://jadonceld.blogspot.com.es/)

Infantería de marina inglesa. Fines del XVIII. (Fotografía tomada de http://jadonceld.blogspot.com.es/)

O comandante da escuadra, o almirante Mighells, xa está satisfeito cós resultados obtidos e da por finalizada a expedición. Wade e Homewood son requeridos en Vigo para zarpar de volta a casa, antes de cumprir a orde queren deixar a súa pegada. Pontevedra vese afogada entón por unha voráxine de violencia, os infantes ingleses teñen licencia para o que sexa que lles pete. A cidade é saqueada e moitos dos seus edificios máis senlleiros son pasto das chamas ou da pólvora.

Derruban portas e arramplan con todo o de valor de atopan e os seus moradores son vexados. Incendian casas de particulares, o cárcere público e o edifico da Maestranza; pola súa banda o Pazo dos Arcebispos composteláns e o castelo polo cal se accedía ao barrio do Burgo pola ponte do mesmo nome son minados. A muralla medieval da vila sofre importantes desperfectos e no barrio da Moureira, concretamente na Moureira de Abaixo, rouban e incendian o coñecido Pazo dos irmáns Nodales; aqueles intrépidos mariños que exploraron para Felipe III o cono máis ao sur do continente americano 100 anos atrás dos acontecementos que estamos a relatar.

Wade e os seus homes regresan á base de operacións cargados có botín e toman o camiño cara Vigo, detrás deixan unha vila maltreita e ferido o orgullo dos seus veciños en todo momento indefensos perante a voracidade dos invasores. Pasaron ben anos ata que se puido borrar a pegada visibel nos edificios; moitos máis para que a economía das bisbarras rapiñadas voltase a recuperarse. Mais houbo outra pegada, a que non se ve, que costou motísimos anos borrar das facianas dos veciños e veciñas de Pontevedra.

Sergio Balchada

Anuncios