Etiquetas

, , ,

A situación mostrábase insostible para Pedro I na pugna dinastíca co seu medio irmán Henrique. Éste gañaba terreo a un ritmo desenfrenado  e o troco de capa convertíase nalgo cotiá entre a nobreza castelá. Pedro I perdía apoios irremediablemente. Era precisa unha solución de urxencia que imprimise un importante xiro aos desastrosos acontecementos que se avecinaban tralos trascendentais éxitos do de Trastámara. E Galicia mostrábase coma a resposta axeitada.

O monarca fuxiu a unlla de cabalo dende Andalucía e a través de Portugal, temendo unha traizón do seu gobernante, prantouse no noroeste do seu reino. Don Pedro refuxiouse no castelo de Monterrei (Verín, Ourense) en xuño de 1366. Alí tratáronse moitos temas e discutíronse diferentes modos de acción. A flor e nata do petrismo galego estaba alí reunida; dende o incombustible Fernando de Castro, pasando polo coruñés Andeyro, Men Rodríguez de Sanabria, Pérez de Deza; ata Gómez Gallinato e Fernán Pérez de Deza dos Churruchaos entre outros. Tamén acodeu o arcebispo de Compostela Suero Gómez de Toledo sobre cuia mitra permeaba a sospeita da traizón; pois segundo parece simpatizaba có bando henriqueño e ousara ordear asasinar a un cabaleiro dos Deza que pretendera acusalo das súas simpatías na disputa dinástica.

Castelo de Monterrei (Verín, Ourense)

Castelo de Monterrei (Verín, Ourense)

O arcebispo era consciente da xenreira que Dezas e Churruchaos[1] lle gardaban e acodía á cita escoltado por numeroso continxente armado.

Na reunión acentuouse a belicosidade da nobreza galega; as súas intencións eran as e apresentar batalla cun exército netamente galego en terras zamoranas ás tropas inimigas. A defensa desta opción era firmemente esgrimida por Fernando de Castro có apoio do maestre de Alcántara. Mais o chanceler Mateo Fernández dubidaba da viabilidade do proxecto: no se fiaba de la eficacia de los soldados gallegos lejos de sus montañas.[2]

O rei tamén dubidada e finalmente desestimou a oferta galega aferrándose a unha posible axuda inglesa. O porto de A Coruña vería partir ao monarca cara a actual Francia ocupada polos ingleses. Entrementes tería un lugar un lance que mancharía, se cabe aínda máis, a imaxe de Pedro I: O asasinato de Don Suero Gomez de Toledo.

O 29 de xuño de 1366 Don Suero, tras oficiar unha misa en honor a San Pedro situouse á fronte duna procesión que percorría a s rúas e prazas santiaguesas. No momento no que entraban pola praza das Praterías un grupo de homes a cabalo arremeteron contra a procesión e nese mesmo lugar Fernán Pérez Churruchao mata a lanzadas a Don Suero. O dean Pedro Álvarez sobre o que tamén pendía a acusación se seres trastamarista, refuxiase no interior da catedral onde é morto por Gomez Gallinato ante a impasible indiferencia do rei s efacemos caso ao relato de Pedro López de Ayala.

Pedro_I_of_Castilla

Existen diferentes teorías que tratan desentrañar os motivos do asasinato do arcebispo e quen foi a persoa que deicidiu que o relixioso abandoase o mundo terreal para reunirse co seu deus. Sen pretender dar algún tipo de valoración ao respeito imos apresentar a tres posibles suposicions ao respecto.

En primeiro lugar debemos referirnos á tradicional explicación que sobrevoa sobre o tráxico fin do arcebispo. Don Pedro perante as simpatías do eclesiástico ordea impunemente o seu asasinato:

E mandó el rey a Fernán Pérez Churrichao e a Gonzalo Gómez Gallinato, dos caballeros de Galicia que querían mal al arzobispo, que le estoviesen esperando con veinte de a caballo a la puerta de la cibdad, e que le matasen; e ellos ficieronlo así. (…) e allí finó delante del altar de Santiago. E el rey estaba ese día encima de la iglesia, donde veía todo esto; e tomó al arzobispo todo quanto avía…[3]

Unha segunda teoría apunta ao mesmo Henrique de Trastámara como o autor da orde que segaría a vida de Don Suero de Toledo. Baséase este razoamento en dous puntos:

–         Don Pedro en ningún momento fai alarde ou mención deste feito cando sempre fixo gala duna sinceridade brutal cando se trataba deste tipo de asuntos.

–         Con motivo de desacreditar aínda máis, se cabe, ao rei continuando esa estratexía propagandística que dende un principio utilizou do futuro rei castelán.[4]

O terceiro suposto susténtase nunha lenda de certo corte romántico pola cal Fernán Pérez Churruchao e o arcebispo requerían dos amores e atencións duna mesma dama: A marquesa de Camba e Rodeiro, casada con Alfonso Suárez de Deza. Apoiase dita historia nun documento anónimo.[5]

Neste documento mencionase que os detentores da fortaleza de Castro Candad emparentáronse cós Churruchaos do Deza e o arcebispo lles arrebatou de forma violenta unha grande porción do seu señorío, chegando a matar ao tal Alfonso Suarez de Deza ofuscado polos ciumes, pois estaba cegamente namorado da súa dona. A despeitada marquesa, coñecedora dos sentimentos de Fernán Pérez foi manipulando a súa vontade ata suxerirlle que matase ao arcebispo.

Nunha nova ocasión a realidade e a ficción mestúranse e remexen as páxinas da historia e vida de Pedro I, tecendo unha mesta rede de complexa solución. O parto xa está servido e que cada cal saque as súas propias conclusió

 

[1] As desavenencias entre os arcebispos e ditas familias nobres xa viñan ven de lonxe, tiñan a súa orixe cando o arcebispo Berenguer de Landoira tendera unha celada e asasinara no 1317 a Suárez de Deza que apoiaba a oposición da cidade mitrada a aceptar a Berenguer coma o seu señor e arcebispo.

[2] Sanz N. Y Ruiz de la Peña, Don Pedro I de Castilla llamado el Cruel, Madrid, 1943.

[3] López de Ayala, Pero, Corónica del rey don Pedro, edi. Y estudio por Wilkins, L Constance e Wilkins, Heanon M., Madison, 1985.

 

[4] De feito foi a primeira vez que se fixo uso da propaganda coma un aliado máis dentro dun conflicto bélico.

[5] De la nobleza de la casa de  Camba y sus principios y fundación del castillo de Castro-Candad. Recollido en 1874 por Vesteiro Torres, T no tomo II da súa obra Galería de Gallegos Iliustres.

Sergio Balchada

Anuncios