Etiquetas

, , ,

Manuel Ibarrola recíbeme calorosamente na súa casa unha tarde de marzo[1], temos por diante unhas cantas horas de charla nas que o vello gudari vai ir debullando as vicisitudes da súa azarosa xuventude. Primeiro como combatente do Exército de Euskadi no batallón Araba[2] onde alcanzará o grao de cabo da 4ª Compañía; para máis tarde caída a Fronte Norte en outubro de 1937, ser capturado polos Nacionais. Dará entón comezo o seu particular periplo entre prisións e batallóns de traballadores como lles sucedeu a tantos e tantos combatentes republicanos e desafectos ás novas autoridades. Perdidas Bizkaia e Cantabria Manuel Ibarrola consegue continuar ata Asturias onde continúa combatendo no Batallón 220 de Asturias para cubrir baixas, é encadrado co grao de tenente. A situación xa tornábase desesperada e aos poucos días consegue embarcar no vapor Montseny no porto do Musel:

A las 12 de la noche en el puerto de El Musel (…).Bueno salimos, había 8 enfermeras con nosotros y éramos unos 800 los demás, gudaris y de todo había pero llevábamos el dinero del fondo del banco de Gijón nosotros en el barco[3]. O gudari alavés descoñecía que entre a pasaxe do barco ía o xornalista e escritor Juan Antonio Cabezas[4] quen deixou testemuño da súa odisea: Cabezas consigue meterse con sus compañeros en el Montseny, un barquito de madera viejo y achacoso que no parece ofrecer muchas garantías. (…) La velocidad máxima que podía alcanzar era de siete nudos, lo que no auguraba mucho éxito en la expedición[5]. A desesperación debullada nas facianas dos miles de homes e mulleres que se agolpaban nos portos asturianos nesas horas fatídicas coa única e obsesiva idea de fuxires do futuro, moi negro, que lles agardaba se caían prisioneiros do inimigo; mais si se ocupara algún posto de certa responsabilidade dentro da Fronte Popular ou o organigrama republicano, provocou en moitos casos que se botasen man de calquera embarcación por vella e decrépita que semellase con tal de fuxires deles. O Montseny foi capturado esa mesma madrugada polas forzas navais rebeldes e conducido xunta a un variopinto grupo de embarcacións mais ao porto de A Coruña. Y bueno, siguiendo la ruta de Coruña íbamos igual más de 20 barcos apresaos. Y la motora “Ciudad de Valencia” que era de los requetés lo único que nos daban de desayuno cuando pasaban al lado era el “Cara al Sol”. (…). Cuando llegamos a Coruña ahí quitaron a los que le interesaba a ellos. Quitaron las enfermeras; quitaron varios jefes, y dos o tres mandamases de Asturias. A esos los iban trincando. Logo de permanecer uns días na cidade herculina a vella embarcación é trasladada O Ferrol: Allí nos quitaron todo lo que teníamos, nos robaron, la guardia civil eh! Que bien claramente se puede decir. Una pareja a la entrada con un cesto en el centro, nos quitaron los relojes, cadenas, sortijas,..todo había que echarlo allí. (…). de comer también no creas tu, que si hubieran dado porque había pan no se como andarían…tenían escaso el pan, el caso es que dan medio chusco a cada uno, lo tiraban en el aire así sobre la cubierta. Durante este tempo os prisioneiros son recluidos nas adegas dun barco mercante que anteriormente traxinaba con carbón nunhas condicións hixiénicas totalmente deplorables. Despois de pouco máis deste mes son trasladados a Marin (Pontevedra) e pechados nun improvisado campo de concentración constituido por un edifico moi grande que viña usándose coma almacen de salgadura ao carón dunha praia onde os prisioneiros xogaban ao fútbol cando estaba baixa a marea. A sorpresa agardáballes no peirao aos prisioneiros, non podían dar crédito nun principio; cóntanolo Manuel Ibarrola: Y bueno llegamos allí y cuando…el primero que bajó del eso, después que echaron la escalerilla; coño el capitán, vestido muy, muy buen hombre; le abrazó al primer prisionero…coño…no había ni alambradas. Había si una playa grande al lado pero estaba muy bien. Y el pueblo a un costao así tenían y bueno bajamos, bajamos, bajamos todos y a todos ellos nos daba la mano “Bienvenidos” y no se que no se cuanto. Puedes creer que no nos pasaron ni lista.[6]

Panomárica da vila de Marín a ppios. do s. XX (Fotografía de http://www.concellodemarin.es/paginas.aspx?Id=49&Lang=1)

Panomárica da vila de Marín a ppios. do s. XX (Fotografía de http://www.concellodemarin.es/paginas.aspx?Id=49&Lang=1)

Pasaron moito frío, sobretodo polas noites, ademais as racións que recibían cada mañá eran sempre frías. Ás oito da mañá xa estaban en pé e recibían unhas latas de conserva con seis unidades cada unha; para evitar consumilas sempre frías quentaban o aceite nas latas e logo mergullaban un anaco as sardinas para consumilas polo menos mornas. Pasados tres días o gudari vasco tivo a fortuna de coñecer a unhas mozas que se achegaban a visitar aos prisioneiros para levarlles algúns alimentos, o que podían. Paseniñamente foi afianzándose unha amizade con elas. …aparecieron allí con los cacharros. ¡Coño, pote gallego, pote gallego! “Me cago en la puñeta vamos a ver eso que es” Muy bueno, caliente por lo menos, bueno. (…)Hasta que empezamos a hacer fuego para calentar y alguna cebolla que traían. ¿Y sabes que nos dijeron las chicas?: “Vais a hacer esto, unas cebollas picadas y con el aceite que tenían las sardinas poníamos a hacer un poco fuego y echábamos un poco de cebolla a la lata y luego las sardinas calientes, calientes. Afastado do seu fogar e lonse de familiares ou amigos que pudieran auxilialo con comida, mantas ou mesmo o básico para o aseo, o xoven gudari agradeceu fondamente a solidariedade destas mulleres. Da man delas tamén soubo da forte represión que o novo Estado desatara na vila e na contorna: …más de una docena de chicas; chicas jóvenes viudas todas. Todas de negro estaban. Estaban viudas de la guerra. (…). Los habían “limpiado” porque serían marineros y ya sabes.[7] En vista de que a vixilancia era inexistente Manuel Ibarrola e algúns compañeiros vascos en connivencia con as mulleres da vila que cada día levabanlles alimentos artellan a modo de fuxir de alí coa ambiciosa idea de chegares ata Bilbao ou mesmo Irún. Entre aquellos había un jefe, ingeniero de campos de aviación conmigo; un taxista de Erandio; uno de estos de…carabinero de Erandio y yo. Planeamos la fuga Foilles sinxelo abandonar o campo de prisioneiros, nin sequera se lles botou en falta, e foron agocharse á casas duna destas mulleres. Alí o enxeñeiro coa axuda da dona elborou un croquis que lles servira de referente para moverse pola bisbarra. ellas nos daban la orden, nos decían “La guardia civil está en tal sitio”. Cando xa teñen máis ou menos claro que ruta deben seguir e que compre facerse cun automóvil, saen da casa cara o monte. Os días sucédense entre penas e rochas que se lle antollan inacabables e finalememte esfameados, cansos e desmoralizados deciden regresar á casa da muller e xa cando cae a noite voltar ao campo de prisioneiros coma se nada tivese acontecido. Foi toda unha odisea para aqueles homes lonxe do fogar nunha terra que lles era estraña e na que apenas contaban con apoios sólidos para que rematase en bo porto[8]. Aos dous días pasan lista por primeira vez e  todolos prisioneiros oriundos de Euskadi e Cantabria son embarcados nun mercante que viña de descargar platanos no porto de A Coruña e trasladados a Santoña (Cantabria), ao desembarcares no porto desa poboación sucedeulle a anécdota que máis o ofendeu do seu periplo carcerario polas prisións do réxime franquista. Os presos son recibidos por un feixe de  mozas de entre 16 e 18 anos ataviadas có uniforme da FET de las JONS[9] que lles van tomando declaración: A mi me extrañó muchísimo cuando me dice: “¿Cuántas monjas ha violado usted?” me dijo. “Bueno..¿Violar que es eso?” le dije yo. Nosotros no, nosotros hemos tenido cura, en cada compañía un cura. Un sacerdote, 5 sacerdotes teníamos por batallón y hemos oído misa los domingos todos cuando hemos ido a eso.” Coño no querían creerlo. Manuel Ibarrola Pagazaurtundua aínda tivo que peregrinar por algúns campos de traballo e prisións. Cando rematou a contenda  foi requerido a filas para cumprires có servicio militar novamente, desta vez baixo outra bandeira, ata poder regresar a súa vila natal de Laudio/Llodio (Araba). A pesares dos anos transcorridos e dos avatares que a súa militancia no bando derrotado le reportaron, non deixa de lembrar cunha sonrisa nos beizos a solidariedade das mulleres marinenses que lle fixeron a súa estancia un chisco máis agradable.

Manuel Ibarrola Pagazaurtundua (esquerda) posa cunha réplica da bandeira don Bon. Araba

Manuel Ibarrola Pagazaurtundua (dereita) posa cunha réplica da bandeira don Bon. Araba

[1] Os datos vertidos nas presentes liñas son froito dunha entrevista realizada polo autor o 14/03/2011 no domicilio de Manuel Ibarrola Pagazaurtundua en Laudio (Araba). Todolos parágrafos en cursiva, salvo que se especifique outra fonte, son entresacados da entrevista realizada [2] Batallón auspiciado polo Partido Nacionalista Vasco (PNV/EAJ) [3] O Montseny zarpou do porto xixonense o 20/10/37 sobre as 23 horas. Xixón caería ao día seguinte. [4] Peruyes, Margolles (Cangas de Onís) 1900- Madrid 1993. Exercía coma xornalista no rotativo Avance de ideoloxía socialista. Foi recluido no campo de concentración de Cedeira e xulgado en Camposancos (A Guarda). [5] O texto provñén da obra: Álvarez Fernández, José Ignacio. Memoria y trauma en los testimonios de la represión franquista. Rubí, 2007 [6] Ibarrola tamén menciona que o capitán, que era da arma de cabaleiría, e os tratou amablemente ao desembarcares estaba lisiado duna perna. [7] Os sector do mar sufriu unha fonda “limpeza” tralo estoupido do golpe militar, as organizacións sindicais dos oficios do mar estaban fortemente arraigadas nas rías galegas. Para coñeceres máis polo miúdo este interesante tema pódese consultar a obra do investigador Dionisio Pereira Loita de Clases e represión franquista no mar (1864-1939) publicada no 2010. [8] A fuga tivo lugar a finais de novembro, o noso gudari lembra que por aquel entón íase desputar un partido de fútbol no estadio vigués de Balaídos entre as seleccións española (a da zona denominada Nacional alomenos) e portuguesa. O encontro celebrouse o 28 dese mes con trunfo da escadra lusa por 1-2. (http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/11/28/pachanguita-iberica/718292.html) [9] O 19 de abril de 1937 o xeneralísimo decretaba a unificación de Falange Española de las JONS e a Comunión Tradicionalista ante a resistencia de moitos dos membros de ambalas dúas formacións, nacendo polo tanto o partido único do réximo Falange Tradicionalista y de las JONS (Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista)

Anuncios